HomeVigoNigránO concello de Nigrán o Teatro do Ar ofrecen doble sesión esta...

O concello de Nigrán o Teatro do Ar ofrecen doble sesión esta fin de semana con sendas obras

- Anuncio -spot_img

Teatro Ditea representa o sábado ‘Un mal día teno calquera’ e o domingo Troate Laboratorio a farsa ‘Feituras’

O Concello de Nigrán ofrece unha doble sesión de teatro esta fin de semana no Auditorio Municipal grazas á colaboración entre Teatro do Ar e FEGATEA. Así, o sábado 8 de novembro ás 20.00 horas estará o grupo ‘Teatro de Cámara Dítea’ (Santiago de Compostela) representando a comedia ‘Un mal día teno calquera’, que comeza cando Paco e Cristina, a pesar da súa mala situación económica, convidan aos seus amigos a unha cea de Nadal na súa casa, pero, á súa chegada, Natalia anuncia que o seu marido, Patricio, sufriu un accidente aéreo e nada se sabe del. O domingo 9 de novembro ás 19.00 horas estará no Auditorio Municipal o grupo Troate Laboratorio (Coruxo) coa súa farsa ‘Feituras’, composta por tres obras: ‘Acto sen palabras’ , de Samuel Beckett (Premio Nobel); ‘Estudio en branco e negro’, de Virgilio Piñera (incluído en ‘Antología de Teatro Breve’) e ‘Galimatías Dramático’, de Voltaire (non é casual; o Século das Luces, a Ilustración, o enciclopedismo, os Dereitos Humanos).

Por último, o 16 de novembro pechará este ciclo mensual o grupo ‘Atrezo Teatro’ (O Porriño) ás 19.00 horas coa obra ‘Silencio’, que xira ao redor da seguinte cuestión: “Se cada vez que queremos sair das normas, do que dicta a moral, se nos ordena silencio. Se os que supostamente teñen que coidarnos, protexernos nos fan trampas e ordenan silencio. Se facemos caso e calamos so quedará o silencio… Rompamos o silencio”.

Publicacións Relacionadas