Home Vigo Nigrán O concello de Nigrán ofrece a través de "Gain Over" sendos cursos...

O concello de Nigrán ofrece a través de “Gain Over” sendos cursos gratuítos de batería e guitarra para crianzas no mes de xullo

- Anuncio -

Están dirixidos únicamente a empadroados no municipio de entre 8 e 14 anos sen coñecementos previos. O prazo de inscrición está aberto ata o 30 de Xuño desenvolvéndose o curso de batería do 4 ao 8 de xullo e o de guitarra do 18 ao 22 de xullo

O Concello de Nigrán, coa colaboración da academia de música do municipio Gain Over, por vez primeira ofrece no mes de xullo sendos cursos de batería (do 4 ao 8 de xullo) e de guitarra (do 18 ao 22 de xullo) totalmente gratuítos e dirixidos a crianzas empadroadas de entre 8 e 14 anos e sen necesidade de coñecementos previos. O prazo de inscrición aos mesmos está aberto ata o día 30 de Xuño (ou ben ata esgotarse cadansúas 16 prazas) a través dun formulario na web www.nigran.es.

Os dous cursos desenvolveranse no Auditorio Municipal de Nigrán ambos divididos en grupos de 8 persoas en horarios de 10:00 a 12:00 e de 12:00 a 14:00. O obxectivo é que, en calquera caso, aprendan o preciso para comezar a tocar en grupo, así, inclúe formación teórica pero, sobre todo, práctica.

“Parecíanos interesante engadir estas dúas actividades culturais á oferta de ocio para nenos e nenas do Concello de Nigrán, igual que ofrecemos campus deportivos agora incorporamos á música”, indica o alcalde, Juan González.

Relacionadas

A Deputación recomenda aplicar tratamento ante as primeiras manchas de mildio detectadas nas viñas

0
A Estación Fitopatolóxica Areeiro advirte da necesidade de aplicar un tratamento o antes posible nos predios que non o recibiran antes ou naqueles que...

Cuntis pechou o primeiro trimestre de 2024 co seu rexistro de desemprego máis baixo...

0
• O alcalde, Manuel Campos, participou este mércores nunha reunión de traballo do Programa Integrado de Emprego (PIE), do que forma parte o Concello...

O GDR Terra e Auga e a EFA A Cancela asinan un convenio dentro...

0
Facer produtivas as sinerxias, aliarse para potenciar os recursos do territorio e dinamizar socioeconómicamente os dez concellos do GDR Terra e Auga son algúns...

O Ciclo de Música de Barcia de Mera sube o pano este sábado ás...

0
A igrexa de San Martiño de Barcia de Mera acolle o primeiro concerto a cargo de Vox Stellae A igrexa de San Martiño de Barcia...

A Deputación e a Real Academia Galega das Ciencias organizan este xoves unha conferencia...

0
A acción, que se desenvolverá de xeito telemático, está enmarcada no ciclo Aida Fernández Ríos e contará coa presenza do deputado provincial Jorge Cubela O...

“70 persoas con discapacidade da comarca de Pontevedra veranse beneficiadas polo programa de atención...

0
Este programa xestionao cogami e cofinancia a Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7 % do IRPF da declaración da renda. A asociación...

Publicacións Relacionadas