Nativo de Panxón e de 84 anos, é mariño xubilado e leva toda unha vida facendo este traballo manual
O Concello de Nigrán ofrece do 19 ao 27 de xuño no Salón de Plenos da Casa Consistorial a exposición de 17 maquetas navais realizadas por Jesús Iglesias Fernández, xubilado de Panxón de 84 anos usuario do Centro Municipal de Enfermidades Neurodexenerativas que percorreu o mundo en barcos traballando como xefe de máquinas e que cultiva esta afección desde hai medio século. O horario de visitas é de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, incluíndo a fin de semana, estando a exposición custodiada por usuarios do Centro Juan María.