Seis bailaríns con capacidades diferentes dirixidos por Elena Fole realizaron este espectáculo que viaxa a través das emocións
O Concello de Nigrán ofrece este domingo 19 de xaneiro o espectáculo ‘Emovere’ da compañía de danza Combai da Fundación Igual Arte (fundación artística integral, para persoas con capacidades diferentes, situada en Vigo) no Auditorio Municipal ás 19:00 horas. A entrada é de balde ata completar o aforo.
Combai presenta o seu espectáculo ‘Emovere’, que pon o foco nas emocións reflectindo o desenvolvemento das mesmas, como nos afectan, nos mobilízan, nos guían e nos arrastran. Unha viaxe a través da comprensión e a xestión de cada unha delas. A ledicia, a tristura, a ira, o amor, a soidade, o medo ou a calma veranse reflexadas no escenario por seis bailaríns con capacidades diferentes dirixidos por Irene Fole: Alejandro Sierto, Helena Cuber, Vanesa Lea, Eva García, Álvaro Dei Pasquale e Carmen Gómez.