Home Vigo Nigrán O concello de Nigrán ofrece este domingo en Praia América a Abraham...

O concello de Nigrán ofrece este domingo en Praia América a Abraham Cupeiro presentando “Pangea” coa Agrupación Músical de Vincios

- Anuncio -

O musicólogo e multiinstrumentista amosa o seu derradeiro traballo no campo de fútbol de Lourido a partir das 22:00 horas. O espectáculo propón unha viaxe musical por diversas partes do planeta, achegándonos a outras culturas y sons a través de composicións propias

Abraham tocou como solista en diferentes orquestras, entre as que se inclúe a Orquestra Filarmónica das Palmas de Gran Canaria, a Real Filharmonía de Galicia, orquesta Sinfónica das Palmas de Gran Canaria, Orquestra Sinfónica de Galicia…

O Concello de Nigrán ofrece este domingo 3 de xullo ás 22:00 horas no campo de fútbol de Lourido ‘Pangea’, o derradeiro espectáculo do multiinstrumentista, ‘construtor’ e musicólogo Abraham Cupeiro, que estará acompañado para a ocasión pola Agrupación Musical de Vincios. A entrada é de balde ata completar o aforo. Neste traballo Cupeiro propón unha viaxe musical por diversas partes do planeta, achegándonos a outras culturas y sons a través de composicións propias.

Durante o concierto soarán dende a austral Oceanía cos ecos das súas

caracolas, ata as misteriosas montañas chinas que o son do Hulusi debuxa coas súas melismáticas melodías; grandes chairas como as de norteamérica, selvas como as de sudamérica, a frauta Peule de Senegal, a Gaita Búlgara, a desafiante Zurna e as milenarias cornas de pastor coserán o vestido que unirá unha vez máis a nosa terra, Pangea!

Hai uns 2OO milóns de anos no noso planeta existía un único e xigantesco continente: Pangea . Éste empezou a separarse e co paso do tempo deu lugar aos diferentes continentes actuais tal como os coñecemos .A viaxe que propoñemos con este concerto é a unión mediante a música das diferentes partes do planeta.

É un espectáculo didáctico e ameno, que nos achega a outras culturas. Ao longo do mesmo, soarán distintas paisaxes, representados polos seus instrumentos. Cada un deles, será presentado de xeito que os ouvintes entendan a súa natureza.

Estreouse en maio de 2018, e dende entón, realizouse entre outras agrupacións coa Orquestra Filarmónica das Palmas de Gran Canaria, coa Real

Filharmonía de Galicia, Oviedo Filarmonía… No mes de Novembro de 2019 foi gravado coa Royal Philarmonic de Londres nos Estudos Abbey Road, baixo a selo Warner Classics.

Como músico, Abraham Cupeiro é a expresión da versatilidade. Aínda que a súa formación é clásica, sempre sentiu atracción por todo tipo de músicas. Así, dende temprana idade formou parte de grupos de folk, jazz, música antiga… A súa curiosidade e inquedanza, proporciónalle unha visión poliédrica da arte musical e unha gran experiencia en diferentes campos: organoloxía, interpretación históricamente informada, construción de instrumentos, composición… e sobre todo imaxinación.

Abraham tocou como solista en diferentes orquestras, entre as que se inclúe a Orquestra Filarmónica das Palmas de Gran Canaria, a Real Filharmonía de Galicia, orquesta Sinfónica das Palmas de Gran Canaria, Orquestra Sinfónica de Galicia, Oviedo Filarmonía, Orquestra de Vaasa (Finlandia), entre outras.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas