HomeVigoNigránO concello de Nigrán ofrece este domingo un concurso de doma e...

O concello de Nigrán ofrece este domingo un concurso de doma e encontro de Horseball en Porto do Molle

- Anuncio -spot_img

O encontro está organizado polo Club Hípico ‘Llamas de Cea’, con sede en San Pedro de A Ramallosa

O Concello de Nigrán colabora co Club Hípico ‘Llamas de Cea’, de San Pedro de A Ramallosa, para ofrecer este domingo de 10:00 a 18:00 horas en Porto do Molle un concurso de doma e un partido de horseball (xogo que enfronta a dous equipos de seis xogadores que, portando un balón con seis asas de coiro, deben conseguir o maior número de goles nas canastras verticais do equipo contrario). En total, participan 30 cabalos e 70 xinetes de toda a comarca. O Club Hípico ‘Llamas de Cea’ segue con Judith García Llamas o relevo do Club ‘El estribo’, fundado en 1982 por Miguel Ucha.

Publicacións Relacionadas