HomeVigoNigránO concello de Nigrán ofrece este martes na na Biblioteca Municipal o contacontos...

O concello de Nigrán ofrece este martes na na Biblioteca Municipal o contacontos ‘Contos que florecen’

- Anuncio -spot_img

O Concello de Nigrán ofrece este martes 29 de abril ás 18:00 horas na Biblioteca Municipal o contacontos ‘Contos que florecen’, a cargo de ‘Donde viven los cuentos’ e dentro do programa da Xunta de promoción á lectura ‘Ler conta moito’.

Mergúllate no Xardín Velenoso con Millie Flor e o seu mandilón máxico. Descubriremos a orixe do seu xardín, onde ser diferente é unha vantaxe; coñeceremos a Pedro e a súa árbore favorita, que nos ensinan a coidar a natureza en comunidade; e resolveremos o misterio de Steve cunha marioneta especial. Para rematar, faremos un obradoiro para iniciar o noso propio xardín.

Publicacións Relacionadas