HomeVigoNigránO concello de Nigrán ofrece este mércores un roteiro pola variante litoral...

O concello de Nigrán ofrece este mércores un roteiro pola variante litoral do Camiño Portugués pola Costa

- Anuncio -spot_img

Non é necesario inscrición previa, tan só hai que presentarse na Ponte da Ramallosa ás 20:00 horas

O Concello de Nigrán continúa este mércores 13 de xullo coas súas andainas da programación de verán cun roteiro pola variante litoral do Camiño Portugués pola Costa. O punto de encontro é ás 20:00 horas na Ponte Romana da Ramallosa (non é preciso inscrición previa e é de balde) e terá unha duración de 2 horas aproximadamente, sendo a dificultade media-baixa. Os participantes deberán levar roupa e calzado axeitados, así coma unha botella de auga.

Os seguinte roteiro polo litoral será o 1 de Agosto (saída da Ponte da Ramallosa), Camiño Portugués Oficial (20 de Xullo e 24 de Agosto, saída da Ponte da Ramallosa) e ‘A praia dos Afogados’ baseada no libro de Domingo Villar (27 de Xullo e 31 de Agosto, saída da Praia da Madorra). Todos ás 20:00 horas.

Publicacións Relacionadas