Comeza este domingo co ‘Roteiro dos peregrinos’ desde A Ramallosa a Cea e continúa o 19 entre ese punto e Priegue. O sábado 26 adicarase a Montelourido. É imprescindible inscribirse previamente.
O Concello de Nigrán continua este outono co programa ‘Paseando Nigrán’ con tres roteiros durante o mes de outubro. En concreto, este domingo 6 realizarase o ‘Roteiro dos Peregrinos’ entre A Ramallosa e Cea e continuará o sábado 19 co tramo entre Cea e Priegue. Finalmente, o sábado 26 estará adicado a península de Monteferro. Todas estas andainas guiadas comezan ás 10:00 horas da mañá, sendo imprescindible inscrición previa en oficinaturismo@nigran.org, que será cando se facilite o punto de encontro. Para máis información, as persoas interesadas poden contactar no teléfono 699859418.

