HomeVigoNigránO concello de Nigrán ofrece este sábado a obra "Cartas da muller...

O concello de Nigrán ofrece este sábado a obra “Cartas da muller ausente”, de Ditirambo Teatro

- Anuncio -spot_img

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 21 de xuño ás 20:00 horas no Auditorio Municipal a obra dramática ‘Cartas da muller ausente’, do grupo coruñés Ditirambo. A entrada é de balde ata completar o aforo e o espectáculo forma parte do convenio do Concello con FEGATEA.

Unha muller acode á consulta do psiquiatra para tratar o trastorno de personalidade múltiple que sofre desde que se divorciou. Como terapia, o doutor recoméndalle a escritura dunhas cartas co obxecto de que a muller, silenciada durante o tempo que durou o matrimonio, exprese as súas emocións e se produza a ansiada recuperación.

Publicacións Relacionadas