A película elixida é ‘Pesadilla antes de Navidad’ e o concerto no Auditorio estará protagonizado por Novos Aires de Nigrán, Ecos do Castelo e Os Vagalumes de Chandebrito
O Concello de Nigrán, tras o acto de acendido do alumeado de Nadal deste venres, ofrece o sábado 6 de decembro a primeira sesión de cine familiar de decembro e un concerto especial a cargo das tres corais do municipio.
Así, os cines municipais da Ramallosa proxectarán a partir das 18:00 horas ‘Pesadilla antes de navidad’ (como todas as proxeccións infantís neste espazo público, son gratis mediante retirada de invitación na propia taquilla desde unha hora antes do comezo e ata esgotarse o aforo). Por outra banda, o Auditorio Municipal será escenario a partir das 19:30 horas do ‘Concerto de Nadal’ protagonizado polas tres agrupacións do municipio: ‘Coral Polifónica Novos Aires de Nigrán’, ‘Coro Ecos do Castelo’ do C.C.D. Bolos da Carrasca e ‘Os Vagalumes’ da A.V.C.D. O Castro de Chandebrito.
Toda a programación sociocultural deste mes está pendurada polo míudo na web do Concello de Nigrán no apartado ‘Próximos Eventos’ https://www.nigran.es/agenda/

