O Concello de Nigrán ofrece este sábado a traxicomedia de Noitebras Teatro “Mentalmorbose”

adminON
Lectura mínima de 2

Recomendada para maiores de 15 anos, narra a vida dun dramaturgo con ínfulas que pretende que as súa ex-parella lle axude a publicar unha obra

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 25 de xaneiro ás 20:00 horas no Auditorio Municipal a obra “Mentalmorbose”, de Noitebras Teatro. A entrada é de balde ata completar aforo. Trátase dunha traxicomedia de 75 minutos recomendada para maiores de 15 anos na que un dramaturgo con ínfulas existencialistas tratará de convencer a unha das súas ex-parellas para que o axude coa publicación dunha obra teatral. Ela non parece estar interesada, pero demostra saber moito máis sobre a trama do que el pensa. O protagonista, Viktor Krikrič, sempre acompañado da súa particular Dulcinea, está experimentando estraños cambios na súa relación coas mulleres que o rodean e isto vai levalo a querer saber quen é el, e que quere realmente.

Noitebras Teatro

Os dous integrantes de ‘Noitebras Teatro’ inician a súa traxectoria en escolas de formación dramática da cidade de Vigo e comarcas veciñas. Sendo alumnos da Escola Municipal de Teatro de Vigo durante catro anos, deciden montar o seu propio grupo, co que xa levan representadas diversas obras: ‘Busco Muller’, ‘Noitebras’ e ‘Amordiscos’ e a máis recente, ‘Mentalmorbose’.

Comparte este artigo