A rondalla anfitriona de Santiago de Parada fará o mércores a súa tradicional saída de Noiteboa
Participa a rondalla de ‘Santiago de Parada’ xunto á ‘A.V.V. Galiñeiro’ de Vincios, ‘A Merced’ de Chaín e ‘Airiños da Lagoa’, de Baiona
O Concello de Nigrán ofrece este sábado 27 de decembro o seu tradicional certame de rondallas na Alameda da Ramallosa a partir das 10:30 horas. A coral anfitriona de Santiago de Parada participa nesta sexta edición xunto á ‘A.V.V. Galiñeiro’ de Vincios, ‘A Merced’ de Chaín e ‘Airiños da Lagoa’. A rondalla de Santiago de Parada voverá a saír ás rúas de Nigrán, como é tradición, a tarde do 24 de decembro, despois na Cabalgata de Reis de Nigrán e en diferentes certames como o de Gondomar (6 de xaneiro), O Porriño (11 de xaneiro) ou no Ifevi (17 de xaneiro).



