A formación de voces e corda nacida en Baiona hai 11 anos toca temas populares e versións actuais
Ao día seguinte, domingo 29 de decembro, terá lugar o concerto de fin de ano do Concello de Nigrán a cargo da acordeonista Nerea Rodríguez co cuarteto de corda de AnaShi
O Concello de Nigrán ofrece este sábado 28 de decembro ás 20:00 horas no Auditorio Municipal , dentro da súa programación especial de Nadal, o concerto do grupo baionés de cordas ‘Baiona-Bai’. O grupo xurdido hai 11 anos en Baiona está formado por once voces, acompañadas por bandurrias, laúdes, guitarras, baixo e percusión, e dan forma a temas populares galegos, versións de temas actuais ou clásicos como ‘Agárrate a mi, María’ ou ‘My way’.
Ao día seguinte, domingo 29 de decembro, terá lugar o concerto de fin de ano do Concello de Nigrán a cargo da acordeonista Nerea Rodríguez acompañada do cuarteto de corda liderado por Ana Shi (Auditorio Municipal, 20:00 horas). Este concerto será o punto de partida do I Ciclo de Música Clásica do Concello de Nigrán.

