Corre a cargo da academia Kids&Us e trátase dunha historia chea de enerxía e bo humor
O Concello de Nigrán ofrece da man da academia Kids&Us este sábado 20 de decembro ás 12:30 horas no Auditorio Municipal o conto ‘Santa’s Elves’, unha historia chea de humor, emoción e encanto no que os cativos acompañarán aos axudantes de Santa, Alvin e Evie, nunha aventura moi divertida.
Trátase dun conto interactivo en inglés, cheo de enerxía e bo humor, onde personaxes entrañables, música e situacións inesperadas dan vida a unha historia do Nadal que fará sorrir a pequenos e maiores. A entrada é de balde ata completar aforo e coincide coa celebración do mercado de inverno Bule Bule na Praza do Concello.



