O concello de Nigrán ofrece este sábado o roteiro “Segredos de Monteferro”

adminON
Lectura mínima de 1

As persoas interesadas deben inscribirse previamente en roteiros@nigran.org facendo constar nome, apelidos e teléfono de contacto

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de verán, ofrece este sábado 19 de xullo o roteiro ‘Segredos de Monteferro’ con saída ás 10:00 horas. As persoas interesadas deben inscribirse previamente en roteiros@nigran.org facendo constar nome, apelidos e teléfono de contacto. Trátase dun roteiro destinado a descubrir todo o patrimonio ambiental, paisaxístico, arqueolóxico e histórico que esconde a península de Monteferro desde a Prehistoria ata a Historia máis contemporánea.

O seguinte roteiro será o sábado 26 de xullo e versará sobre o legado do arquitecto Antonio Palacios en Nigrán, co Templo Votivo do Mar (Panxón) como unha das súas obras máis icónicas. Todos os roteiros programados poden consultarse na web www.nigran.org no apartado ‘Próximos Eventos’.

Comparte este artigo