O día 3 finaliza o ‘ciclo de cine de Nadal’ con Arthur Christmas
O Concello de Nigrán, dentro da súa programacion especial de Nadal, ofrece este sábado 27 de decembro ás 18:00 horas nos Cines Municipais da Ramallosa a película ‘Polar Express’, unha película animada con captura de movemento, dirixida por Robert Zemeckis e estreada en 2004. Como todas as proxeccións infantís neste espazo público, son gratis mediante retirada de invitación na propia taquilla desde unha hora antes do comezo e ata esgotarse o aforo. A súa trama, baseada no libro infantil O Expreso Polar (1985) de Chris Van Allsburg, trata sobre as aventuras dun grupo de nenos a bordo do tren máxico O Expreso Polar para coñecer a Papá Noel no Polo norte durante Noiteboa.



