Home Vigo Nigrán O concello de Nigrán ofrece este sábado un concerto e unha masterclass...

O concello de Nigrán ofrece este sábado un concerto e unha masterclass a cargo do pianista de jazz internacional Jean-Michel Pilc

- Anuncio -

O músico e educador francés afincado en Canadá tocou no Nigranjazz 2019, ten lanzado tres aclamados discos de piano en solitario e forma parte dun conxunto de referencia mundial xunto ao baixista François Moutin e o baterista Ari Hoening

“Desde o Concello non dubidamos en traelo tendo en conta que está en Galicia e que dispomos do noso propio piano de cola, o que nos permite organizar este concerto único en España”, sinala o alcalde.

O profesor da actividade municipal de Música, Manuel Cebrián, incide na gran oportunidade que supón para calquera músico asistir a unha master-class de Pilc, profesor asociado de piano desde 2015 na Univerdade McGill en Montreal e previamente na New School de New York

O Concello de Nigrán reforza a súa ligazón co jazz ofrecendo este sábado 27 de novembro un concerto do pianista internacional Jean-Michel Pilc e unha master-class. O músico e educador francés afincado en Canadá tocou no festival Nigranjazz 2019, ten lanzado tres aclamados discos de piano en solitario (o último no 2018) e forma parte dun conxunto de referencia mundial xunto ao baixista François Moutin e o baterista Ari Hoening. Aproveitando a súa estancia en Galicia para gravar un álbum co saxofonista afincado en Nigrán Xosé Miguelez editado pola discográfica americana Origin Records, o Concello ofrecerá un concerto gratuíto e en solitario ás 20:30 no Auditorio Municipal e, previamente, ás 16:30, unha master-class ao seu cargo con inscrición previa no mail xosemiguelez@gmail.com e un custe de 15 €.

“É un dos pianistas máis aclamados mundialmente e un reputado profesor de música en Canadá, así que desde o Concello non dubidamos en traelo tendo en conta que está en Galicia e que dispomos do noso propio piano de cola, o que nos permite organizar este concerto único en España”, sinala o alcalde, Juan González. Pola súa banda, o profesor da actividade municipal de Música, Manuel Cebrián, incide na gran oportunidade que supón para calquera músico asistir a unha master-class de Pilc, profesor asociado de piano desde 2015 na Univerdade McGill en Montreal e anteriormente na New York School. “Ningún pianista ou afeccionado ao piano da comarca se debería perder esta oportunidade de aprender dun músico e educador recoñecido mundialmente”, subliña.

Na súa longa traxectoria, Jean-Michel Pilc (París, 1960) tocou con numerosos xigantes de jazz como Roy Haynes, Billy Hart, Michael Brecker, Dave Liebman, Jean Toussaint, Rick Margitza, Kenny Werner, Marcial Solal, Michel Portal, Daniel Humair e Marcus Miller, Kenny Garrett, Lenny White, Chris Potter, John Abercrombie, Mingus Big band, Lew Soloff e Richard Bona, entre outros. Tamén traballou con Harry Belafonte como o seu director musical e pianista, e fixo un dueto coa lendaria cantante de ópera Jessye Norman.

O renombrado trío de Jean-Michel, co baixista François Moutin eo baterista Ari Hoenig é unha das formacións de referencia no jazz internacional. Jean-Michel lanzou tres álbums de piano en solitario aclamados pola crítica e un novo álbum en solitario, Parallel, publicado por Challenge Records en xuño de 2018.

Ten unha sólida reputación como educador. De 2006 a 2015 foi membro da facultade de NYU Steinhardt.Tamén actuou como co-director do Summer Jazz Workshop de NYU en 2010. Ensinou para New School en Nova York e desde setembro de 2015 é profesor asociado na Universidade McGill en Montreal.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas