Home Vigo Nigrán O concello de Nigrán ofrece este venres a segunda sesión de contacontos...

O concello de Nigrán ofrece este venres a segunda sesión de contacontos dirixida á primeira infancia con “Unha viaxe para cantar e contar”

- Anuncio -

É preciso inscrición previa na propia biblioteca, no correo nigran.rbgalicia@eidolocal.es ou no 986383979

O Concello de Nigrán, a través da Biblioteca Municipal, ofrece este este venres 17 de setembro no Auditorio Municipal ás 18:00 horas o contacontos ‘Unha viaxe para cantar e contar’ a través do programa de dinamización á lectura “Ler conta Moito”. Por cuestións de seguridade sanitaria, é imprescindible a inscrición previa na propia biblioteca, no correo nigran.rbgalicia@eidolocal.es ou no 986383979.

A cargo de ‘Donde viven los cuentos’, está dirixido á primeira infancia (de 0 a 5 anos). Este contacontos é unha viaxe polos sentidos. A través de diferentes contos e xogos con teas, obxectos, luces, sons e música, os máis cativos irán recorrendo na súa barquiña unha chea de illas nas que vivirán aventuras trepidantes ao mesmo tempo que aprenderán conceptos como as cores, os números, as formas, as partes do corpo… Esta sesión constará de catro contos adaptados o galego: Polo camiño, Animales a mano, Mi cara, e La araña hacendosa.

O martes 28 de setembro ás 18:00 horas e o venres 8 de outubro será a quenda de Raquel Queizás con sendos contacontos.

Relacionadas

Luis López destaca a aposta da Deputación pola mocidade e o apoio aos concellos...

0
O presidente da Deputación, acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, presenta o programa pioneiro “O teu espazo xuvenil” nun acto con alcaldes, concelleiros...

O Concello de Tui destina 10.000€ para as e os deportistas tudenses que participen...

0
O prazo de solicitude está aberto até o 15 de outubro Até o 15 de outubro está aberto o prazo para solicitar as bolsas a...

O Concello convocará 300 prazas para os campamentos de conciliación deste verán

0
O prazo para a inscrición abrirá o 2 de maio e serán entre xullo e agosto, no Sequelo, na Casa de Cultura de Mogor...

Luis López recibe no Pazo Provincial ao alumnado de terceiro e cuarto de Primaria...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este luns aos alumnos e alumnas de terceira e cuarto de Educación Primaria do CEIP...

O crítico literario e investigador Armando Requeixo estará en Mondariz para afondar na figura...

0
O Concello de Mondariz recibirá ao crítico literario, investigador en Humanidades e profesor Armando Requeixo este venres día 26 no marco do programa “Abril...

A Deputación de Pontevedra envía ao Concello de Vigo o convenio que compromete preto...

0
O presidente Luis López informou hoxe que a institución provincial “está lista para asinar canto antes o convenio de colaboración e escenificar o entendemento...

Publicacións Relacionadas