HomeVigoNigránO concello de Nigrán ofrece este venres o concerto de Rubén Simeó,...

O concello de Nigrán ofrece este venres o concerto de Rubén Simeó, considerado un dos mellores trompetistas clásicos do Mundo

- Anuncio -spot_img

Recoñecido co Premio Europeo da Cultura 2008, o músico tocará temas como ‘My way’, ‘Can´t help falling in love’, ‘Ballade for Adeline’ ou grandes clásicos da música sinfónica

“Neste mesmo escenario temos ofrecido concertos dos mellores músicos de jazz do mundo no festival Nigranjazz e agora subimos ao trompetista clásico por excelencia a nivel internacional”, valora o alcalde, Juan González

O escenario ao aire libre do esteiro de A Foz acolle este venres 8 de agosto ás 22:30 un dos concertos estrela da programación cultural de verán do Concello de Nigrán: Rubén Simeó, considerado un dos mellores trompetistas clásicos do mundo. Este músico vigués de 32 anos é recoñecido internacionalmente como un dos trompetistas máis virtuosos da súa xeración, facendo historia en 2002, cando se converteu no solista máis novo en tocar no prestixioso Concerto de Aninovo, en Viena. Actualmente Simeó atópase inmerso nunha xira por teatros de todo o mundo, facendo parada en Nigrán para ofrecer o seu concerto máis íntimo e exclusivo ao estar só acompañado por piano e batería. Xuntos interpretarán un repertorio variado no que se poden atopar pezas como ‘My way’, ‘Can´t help falling in love’, ‘Ballade for Adeline’ ou grandes clásicos da música sinfónica. Como sempre, este concerto programado desde o Concello de Nigrán e coa colaboración da Deputación de Pontevedra a través do Plan + Provincia, é con entrada libre.

“Neste mesmo escenario temos ofrecido concertos dos mellores músicos de jazz do mundo no festival Nigranjazz e agora subimos ao trompetista clásico por excelendia a nivel internacional, Rubén Simeó, veciño ademais da comarca”, valora o alcalde, Juan González. “O meu obxectivo é que cada persoa que asista se leve consigo unha experiencia única, chea de enerxía e maxia”, subliña o artista.

Simeó descubriu a súa paixón pola trompeta aos 10 anos na súa cidade natal, Vigo. Desde ese momento, a música converteuse na súa forma de vida e a súa canle de expresión.Ten obtido recoñecementos como o Premio Europeo da Cultura 2008, Stuttgart (Alemaña) ou méritos como ser o trompetista máis taquillero do 2024 a nivel mundial, colaborando coas mellores orquestras e bandas sinfónicas do mundo.

Publicacións Relacionadas