O Concello de Nigrán ofrece este venres 25 de abril ás 20:00 horas no Auditorio Municipal o concerto do ‘Grupo de Cordas O Torreiro de Priegue’ e a Orquesta Sinfónica de la Unió Musical de L’Eliana (Valencia). Esta última está formada por alumnado na especialidade de violín, viola , violoncelo e contrabaixo, no ano 2005 incorporaron instrumentos de madeira, metal e percusión, polo que pasa a ser unha sinfónica. A Orquesta de corda de O Torreiro de Priegue está integrado por unha vintena de persoas adultas formadas no método Abreu grazas aos irmáns Mario e Miguel Ángel Quiñones, venezolanos afincados en Nigrán discípulos directos de José Antonio Abreu, recoñecido mundialmente por ter sido o fundador do prestixioso ‘Sistema Nacional de Orquestas Infantiles y Juveniles de Venezuela’. Mario Quiñones, ‘primeira xeración Abreu’, foi durante 38 anos violinista da prestixiosa Orquesta Sinfónica Simón Bolívar de Venezuela; mentras que o seu irmán Miguel Ángel, pianista e formador tamén ‘primeira xeración’, encargouse durante anos de dirixir orquestras infantís integradas no ‘Sistema Nacional de Orquestas Infantiles y Juveniles de Venezuela’ . A inicios dos 2000, este último chegou a Nigrán e tamén o implementou con rapaces do municipio, retomando a iniciativa hai 8 anos con este grupo con sede no Torreiro de Priegue e baixo o amparo de Antonio Grela, gran erudito musical que inicialmente lles conseguíu un espazo en Vigo e ao que amosan o seu máximo agradecemento.

