Terá lugar no Auditorio Municipal a partir das 19:00 horas
O Concello de Nigrán ofrece este venres 14 de febreiro, a partir das 19:00 horas no Auditorio Municipal, un ‘Baile dos Namorados’ con música en directo a cargo do grupo ‘Os alegres do Val Miñor’ e chocolatada no descanso. A entrada é de balde ata completar aforo. ‘Os Alegres do Val Miñor’ é u nha formación composta por dúas gaitas, catro acordeóns, dous saxos, e percusión. Os seus integrantes son veciños de distintas parroquias do Val Miñor.