O Concello de Nigrán ofrece este venres 23 de maio ás 19:00 horas no Auditorio Municipal un obradoiro baixo o título ‘Claves prácticas para melloras a educación sexual na infancia’, destinado ás familias con menores que estén cursando Primaria.
A actividade complementa aos obradoiros de educación sexual que o Concello, a través do CIM (Centro de Información ás Mulleres) está desenvolvendo desde o 3 de abril nos centros educativos (desde 1º a 6º de Primaria) e que finalizarán o víndeiro 28 de maio.

