HomeVigoNigránO concello de Nigrán ofrece este xoves no Cine Municipal da Ramallosa...

O concello de Nigrán ofrece este xoves no Cine Municipal da Ramallosa ‘¡Que Bello es Vivir!’ e o sábado ‘Solo en Casa’

- Anuncio -spot_img

ciclo infantil continuará os seguintes sábados con ‘Polar Express’ e ‘Arthur Christmas’

O Concello de Nigrán, dentro da súa programacion especial de Nadal, ofrece este xoves 18 de decembro ás 18:00 horas no Cine Municipal da Ramallosa o seguramente filme máis lendario do Nadal a escala planetaria: ‘¡Qué bello es vivir!’. A longametraxe do ano 1946 dirixida por Frank Capra é apta para todos os públicos e basease libremente na novela de Charles Dickens ‘Conto de Nadal’. A entrada é de balde ata completar aforo.

A continuación, o sábado 20 de decembro o Concello de Nigrán ofrece ‘Solo en Casa’, a comedia clásica do nadal protagonizada por Macaulay Culkin. Como todas as proxeccións infantís neste espazo público, é gratis mediante retirada de invitación na propia taquilla desde unha hora antes do comezo e ata esgotarse o aforo. A programación infantil continúa o sábado 27 con ‘Polar express’ e, finalmente, o 3 de xaneiro con ‘Arthur Christmas’.

Publicacións Relacionadas