HomeVigoNigránO concello de Nigrán ofrece este xoves "Placido" no Cine Municipal da...

O concello de Nigrán ofrece este xoves “Placido” no Cine Municipal da Ramallosa

- Anuncio -spot_img

Trátase dunha comedia satírica de 1961 que versa sobre a hipocrisía do Nadal baixo o lema ‘sente a un pobre á súa mesa’

O Concello de Nigrán, dentro da súa programacion especial de Nadal, ofrece este xoves 11 de decembro ás 18:00 horas nos Cines Municipais da Ramallosa a película ‘Plácido’, unha comedia satírica de 1961 de Luis García Berlanga. A entrada é de balde ata completar aforo. Nunha pequena cidade provinciana, a unhas burguesas ociosas ocórreselles a idea de organizar unha campaña de Nadal co lema: “Sente a un pobre á súa mesa”. Trátase de que os máis necesitados compartan a cea de Noiteboa con familias acomodadas e gocen da calor e o afecto que non teñen. Plácido foi contratado para participar co seu motocarro na cabalgata, pero xorde un problema que lle impide centrarse no seu traballo: ese mesmo día vence a primeira letra do vehículo, que é o seu único medio de vida.

A programación de cine continúa o sábado 13 de decembro con ‘El Grinch’ (o 20 será ‘Solo en casa’, o 27 ‘Polar express’ e, finalmente, o 3 de xaneiro ‘Arthur Christmas’). Como todas as proxeccións infantís neste espazo público, son gratis mediante retirada de invitación na propia taquilla desde unha hora antes do comezo e ata esgotarse o aforo. 

Publicacións Relacionadas