HomeVigoNigránO concello de Nigrán ofrece este xoves un concerto de Felipe Villar...

O concello de Nigrán ofrece este xoves un concerto de Felipe Villar Trío en Praia América

- Anuncio -spot_img

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de verán, ofrece este xoves 31 de xullo ás 20:00 horas na zona do mercado multicultural de Praia América o concerto de ‘Felipe Villar Trío’, composto por recoñecidos músicos de jazz liderados por Felipe Villar á guitarra e con Rosolino Marinello ao saxo e Xurxo Estévez ao contrabaixo.

O guitarrista Felipe Villar (Nigrán, 1976) é un dos músicos habituais da escena do Jazz galego dos últimos anos. Na súa discografía como líder figuran dúas gravacións a trío: “Home” (2014) e “Outro” (2015). É titulado Superior de Jazz e Música Moderna en especialidade de guitarra pola ESMAE (Oporto) e exerce como docente en Mayeusis. 

Publicacións Relacionadas