Será ás 11:00 horas no Auditorio Municipal e correrá a cargo do teniente do posto principal Baiona-Nigrán, Diego de la Puente, que dará consellos prácticos para evitar ser víctimas dun delito
O Concello de Nigrán ofrece este martes 11 de novembro ás 11:00 horas no Auditorio Municipal unha charla encadrada no ‘Plan Mayor Seguridad’ que abordará os delitos que máis habitualmente sofren as persoas maiores. A charla, aberta a toda a cidadanía, correrá a cargo do teniente-comandante do posto principal Baiona-Nigrán, Diego de la Puente, e estará presentada polo xefe da Policía Local de Nigrán, Teodoro de la Peña, e o alcalde de Nigrán, Juan González.
Os asistentes recibirán consellos prácticos para que os incorporen ao seu día a día e previr así posibles delitos de estafas por internet, sustracións pola rúa, identificación das claves das tarxetas no caixeiro… As persoas maiores son unha poboación especialmente vulnerable, xa que os delicuentes aproveitan as súas condicións psicofísicas para actuar, polo que esta charla resulta especialmente interesante para previr determinadas situacións que se poden producir no domicilio, por internet ou na rúa.



