Entregáronse cestas de Nadal á quincena de persoas que traballan desinteresadamente durante todo o ano no Roupeiro Municipal, Banco de Xoguetes, Banco de Alimentos, no control de colonias felinas e no exterminio de velutinas
O alcalde de Nigrán, Juan González, acompañado de concelleiros e concelleiras, entregou esta semana no Local Social de Vilameán o tradicional aguinaldo ao voluntariado que colabora durante todo o ano con diferentes iniciativas sociais do Concello. Concretamente, achegáronse cestas de Nadal á quincena de persoas que traballan desinteresadamente durante todo o ano no Roupeiro Municipal, Banco de Xoguetes Municipal, Banco de Alimentos Municipal, no control de colonias felinas, no exterminio de velutinas e ofrecendo clases de informática gratuítas a maiores.
“Estamos moi agradecidas a estas persoas, a gran maioría mulleres, porque sen elas estas iniciativas que tanto nos enorgullecen como concello e que, ademais, nos diferencia de outros municipios, non poderían funcionar”, expresou o rexedor, quen lles encomiou polo seu traballo e por contribuír a construír un Nigrán “humano, amizoso e agradable”.

