A inscrición, aberta a toda persoa maior de idade, será o xoves 3 de abril de 11:00 a 13:00 h no Centro Social de Vilameán e o custe total é de 48 €
O Concello de Nigrán ofrece o xoves 10 de abril o ‘roteiro do polbo’, excursión que inclúe viaxe en barco de 90 minutos pola ría de Vigo para coñecer de primeira man a súa pesca e os seus segredos culinarios, ademáis dunha degustación a bordo e comida-baile posterior no restaurante Casas de Redondela. O prezo é de 48 €/persoa (imprescindible ser maior de idade e pagar con tarxeta) e a inscrición realizarase o xoves 3 de abril de 11:00 a 13:00 horas no Centro Social de Maiores de Vilameán (ao carón do Concello), podendo anotarse un máximo de dous adultos por solicitante. A saída será ás 11:00 horas en autobús desde o Concello, cubrindo os 48 € todos os gastos (transporte, comida e viaxe en barco). O menú no restaurante Casas será a base de langostinos cocidos, vieiras, pescada á romana, codillo, sobremesa e café.

