O Concello de Nigrán ofrece este domingo 21 de decembro a partir das 19:00 horas e ata as 22:00 horas no Auditorio Municipal un baile de Nadal coa actuación en directo do grupo Xtra. Durante o evento servirase chocolate quente e rosca. A entrada é libre ata completar aforo. O evento coincide coa celebración do mercado de inverno Bule Bule na Praza do Concello.



