As mulleres interesadas poden inscribirse desde o 17 ao 26 de febreiro no correo cim@nigran.org ou no teléfono 986383081
O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres, organiza un curso de defensa persoal feminina gratuíto no marco da programación prevista para a conmemoración do día 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. O curso terá unha duración de 8 horas e desenvolverase o sábado 1 de marzo en horario de mañá e tarde no Pavillón Deportivo municipal. O prazo de inscrición será do 17 ata o 26 de febreiro. As mulleres interesadas deberán enviar un correo electrónico ao enderezo cim@nigran.org facendo constar nome e apelidos, DNI e teléfono de contacto ou ben chamando ao teléfono 986 383081.
A actividade foi solicitada polo Concello de Nigrán á Cosellería de Política Social e Igualdade, a través da Dirección Xeral de Loita contra a violencia de xénero no marco do acordo de colaboración asinado pola Federación Galega de Municipios e Provincias de Galicia para a conformación da Rede de entidades locais contra a violencia de xénero no que se integra o Concellode Nigrán.
Para mais información poden contactar no teléfono 986 383081.