Home Vigo Nigrán O concello de Nigrán ofrece un curso para maiores sobre "Vida Activa"...

O concello de Nigrán ofrece un curso para maiores sobre “Vida Activa” no Local Social de Vilameán

- Anuncio -

O prazo de inscrición é o 29 de Marzo na Oficina de Información do Concello de Nigrán

O Concello de Nigrán ofrece do 5 de Abril ao 28 de Xuño no Local Social de Vilaméan o obradoiro de vida activa para maiores ‘Coidándome’. Está dirixido a persoas xubiladas empadroadas no municipio, dispón de 18 prazas e o día da inscrición é o 29 de Marzo de 9:00 a 12:00 na Oficina de Información Cidadá (planta baixa do Concello). Este desenvolverase os mércores de 10:00 a 11:30 horas e ten un custe total de 20 €. Durante o curso traballarase a autoestima e as habilidades sociais, o autocoidado físico, o aproveitamente óptimo do tempo de lecer, técnicas de relaxación, risoterapia, claves para unha boa alimentación…

Facer exercicio, manter a mente activa e non illarse socialmente son os tres eixos que os especialistas recomendan levar adiante para previr deterioros cognitivos, e neles se basa o programa de cursos que desde a concellería de Maiores ofrece o Concello de Nigrán neste novo local social de Vilameán e no da Ramallosa. O caracter fundamental é preventivo, e a súa finalidade é a de garantir unha maior calidade tratando de evitar ou atrasar a aparición de problemas de memoria, do deterioro cognitivo, do Alzheimer e doutros problemas de saúde e de incapacidades (para estes casos o Concello dispón dun centro municipal en Panxón).

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas