Desenvolverase de 10:00 a 12:00 horas en Praia América a cargo de Laine Villero e está dirixido a crianzas de 6 a 13 anos
O Concello de Nigrán ofrece do luns 25 ao venres 29 de agosto un obradoiro gratuíto de pintura ao aire libre dirixido a crianzas de 6 a 13 anos empadroadas no municipio. Este desenvolverase de 10:00 a 12:00 horas en Praia América (ao carón da fonte seca) a cargo da artista Laine Villero. Para participar é preciso inscribirse previamente na Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán ou no teléfono 986365000, distribuíndose a quincena de prazas por rigorosa orde de solicitude. A actividade inclúe todo o material preciso.