HomeVigoNigránO concello de Nigrán ofrece unha andaina gratuíta pola Ecovía do Vez...

O concello de Nigrán ofrece unha andaina gratuíta pola Ecovía do Vez (Portugal) o vindeiro domingo

- Anuncio -spot_img

Os interesados deben anotarse previamente en roteiros@nigran.org indicando nome, apelidos e teléfono. Teñen prioridade as persoas empadroadas

O Concello de Nigrán ofrece o domingo 28 de setembro unha andaina gratuíta de 22 km pola ecovía do Vez, na contorna de Arcos de Valdevez (Portugal). Os interesados en participar deben anotarse previamente en roteiros@nigran.org indicando nome, apelidos e teléfono, tendo prioridade as persoas empadroadas no municipio.

A saída será ás 9:00 horas desde a Casa do Concello e o regreso aproximadamente ás 18:00 horas desde Arcos de Valdevez. O percorrido é de 22 km e unha duración de 5 horas, polo que a dificultade é media e resulta imprescindible levar roupa e calzado axeitados ás condicións meteorolóxicas e a esta actividade de sendeirismo. Cada participante deberá levar a súa propia comida e auga.

Para calquera dúbida ou información está o teléfono 699859418.

Publicacións Relacionadas