Home Vigo Nigrán O concello de Nigrán ofrece unha excursión ao Parque Acuático Amarante o...

O concello de Nigrán ofrece unha excursión ao Parque Acuático Amarante o sábado 2 de xullo

- Anuncio -

Os interesados poden inscribirse na Oficina de Turismo de 9:00 a 14:00 horas ata o venres 1 de xullo abonando 13 € os adultos e 7 € os nenos (gratis os menores de 5 anos)

O Concello de Nigrán ofrece o sábado 2 de xullo unha excursión ao parque acuático de Amarante (Portugal). Os interesados teñen de prazo ata o 1 de xullo para inscribirse na Oficina de Turismo de Panxón (de 9:00 a 14:00 horas) abonando nese momento 13 € por adulto e 7 € por neno, sendo gratis os menores de 5 anos. O prezo inclúe viaxe en autobús e entrada no aquapark (non está incluído o xantar, no recinto hai zona de picnic e restaurantes). A saída é ás 9:30 desde o Concello e a chegada está prevista ás 22:00 horas aproximadamente.

O parque, situado a 60 km de Oporto e con marabillosas vistas ao río Tamega, conta con tres impresionantes tobogáns, varias piscinas de diferente tipo, caracois, pistas rápidas, zona de solarium… A diversión está garantida para toda a familia.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas