Home Vigo Nigrán O concello de Nigrán organiza unha xornada de sensibilización medioambiental este sábado...

O concello de Nigrán organiza unha xornada de sensibilización medioambiental este sábado nas praias de Patos e Cansadoura

- Anuncio -

Ás 10:00 arrancará unha limpeza con voluntariado na Praia da Cansadura e a continuación haberá unha simulación de rescate dun golfiño a cargo do CEMMA. Pola tarde Antón Lois, de Amigos da Terra, descubrirá os microplásticos da area de Patos

Este pasado domingo unha quincena de persoas coordinadas desde o Concello retirou 150 kg de lixo do río Muíños como parte da iniciativa de Adega ‘Móllate polos ríos’

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 2 de outubro diversas actividades na praia de Patos e Cansadoura abertas ao público e dirixidas a promover a concienciación e sensibilización medioambiental. Con este mesmo fin, o pasado domingo unha quincena de persoas coordinadas desde o Concello retirou 150 kg de lixo do río Muíños como parte da iniciativa de Adega ‘Móllate polos ríos’, cita á que cada ano se suma Nigrán.

Así, coa colaboración do festival Vive Nigrán e o Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro Ría de Vigo-A Guarda, o Concello organiza este sábado 2 de outubro a derradeira xornada ‘Vive Sostible’ adicada esta vez a retirar lixo mariño da Praia da Cansadoura, ao carón de Patos e onde nunca antes se intervira. Os interesados teñen como límite este venres 1 de outubro ás 13:00 horas para inscribirse a través dun formulario web en www.nigran.es (o punto de encontro é ás 10:00 horas ao final do mercado de Patos, na rampla que baixa a este areal). Recoméndase levar luvas, auga e calzado e roupa axeitados. A continuación, ás 12:00 horas, Alfredo López, membro da xunta directiva do GALP e coordinador do CEMMA, organizará un simulacro de rescate dun golfiño vivo dirixido a todos os participantes e a todo aquel que se queira sumar.

Xa pola tarde e na praia de Patos ás 17:00 horas, Antón Lois, portavoz de Amigos da Terra, impartirá un obradoiro técnico dirixido a todo tipo de público e destinado a analizar os microplásticos que se atopan na area, para o que levará un microscopio e lupas de aumento. Para esta actividade non é preciso inscrición previa, simplemente hai que presentarse á hora sinalada no paseo (á altura da caseta de Protección Civil).

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas