O Concello de Nigrán pecha este domingo 16 de novembro ás 19.00 horas no Auditorio Municipal o ciclo mensual de teatro amador coordinado por Teatro do Ar co grupo ‘Atrezo Teatro’ (O Porriño) representando o drama ‘Silencio’. Este xira ao redor da seguinte cuestión: “Se cada vez que queremos sair das normas, do que dicta a moral, se nos ordena silencio. Se os que supostamente teñen que coidarnos, protexernos nos fan trampas e ordenan silencio. Se facemos caso e calamos so quedará o silencio… Rompamos o silencio”. A entrada é de balde ata completarse o aforo.



