O concello de Nigrán pecha o ‘Mes da Memoria’ este xoves coa película de Mario Camus ‘Los días del pasado’

adminON
Lectura mínima de 2

Protagonizada por Pepa Flores ‘Marisol’, o filme ten vinculación coa represión ao maxisterio, temática elixida este ano polo Concello para confeccionar a programación

O Concello de Nigrán pecha este xoves 24 de outubro a programación especial polo ‘Mes da Memoria Histórica’ coa proxección ás 20:00 horas no Auditorio Municipal de ‘Los días del pasado’, película de 1977 dirixida por Mario Camus e proxectada grazas ao Cineclub Val Miñor Alice Guy. Protagonizada por Pepa Flores ‘Marisol’, o filme ten vinculación coa represión no maxisterio, temática elixida este ano polo Concello de Nigrán para confeccionar a programación.

Seis anos despois do fin da Guerra Civil, Juana, unha moza malagueña, trasládase a unha aldeíña montañosa do Norte para ocupar unha praza de mestra; pero a súa chegada ten outra finalidade. Ao acabar a guerra, o seu noivo Antonio fuxiu a Alxeria: con todo, a rapariga sabe que agora vive refuxiado nas montañas, cos maquis, e ten a esperanza de atopalo. Cando se estende o rumor de que hai unha partida de maquis nas montañas dos arredores, pídelle a Gelín, un dos seus alumnos, que a axude a atopalo. O mozo revélalle que a partida baixará ao pobo, durante a noite, a buscar provisións.

Mes da memoria

Este ano o Concello de Nigrán centrou a programación na represión no ensino, polo que proxectouse ‘El maestro que prometió el mar’ e ‘La lengua de las mariposas e esta outra película a través do cineclub Val Miñor Alice-Guy. Ademáis, o historiador Carlos Méixome ofreceu unha charla sobre o mestre agrarista de Parada, Sebastián êna. Adicionalmente, o martes 15 de outubro conmemorouse un ano máis en Panxón os tráxicos asasinatos coñecidos como ‘A volta dos nove’, cando para vingar a morte dun colega falanxista, por orde do cabo Pena, apañaron a 9 veciños do Val Miñor para matalos posteriormente na curva da Bombardeira, en Baiona.

Comparte este artigo