O Concello de Nigrán pon en marcha unha web para os peregrinos que atravesan o municipio

adminON
Lectura mínima de 5

En www.caminonigran.com ofrécese información xeolocalizada sobre o percorrido oficial do Camiño portugués pola Costa e a súa variante máis litorial ou lugares onde comer, dormir, descansar, beber…

“Queremos que o peregrino reciba toda a información dunha maneira sinxela e que se sinta especialmente ben coidado en Nigrán, que nos recorde como un lugar amable a onde regresar”, explica o alcalde, Juan González

O Concello de Nigrán continúa co seu propósito de que os peregrinos se sintan especialmente atendidos ao seu paso polo municipio. Por iso, á iniciativa lanzada a principios de ano de formar a traballadores de hostalaría no manexo dun inglés básico agora súmase a creación dunha web dirixida exclusivamente a eles: www.caminonigran.com . Nesta plataforma o camiñante poderá programar a súa viaxe ou improvisar sobre a marcha, pero sempre con información oficial actualizada e xeolocalizada. Aquí atopará desde qué variante elixir (a oficial de costa ou a opción máis litoral) a onde parar a dormir, comer, descansar, beber nunha fonte pública ou en qué nivel está a marea (especialmente importante na variante máis litoral)…

“Queremos que o peregrino reciba toda a información dunha maneira sinxela e no seu idioma e que se sinta especialmente ben coidado en Nigrán, que nos recorde como un lugar amable a onde regresar”, explica o alcalde, Juan González. Con este propósito, a web será tamén promocionada ao longo do camiño por Nigrán con pegatinas cun enlace QR directamente a ela.

“Para cumprir con esta premisa de que resulte realmente útil e fácil decantámonos por empregar aplicacións de Google como Google Maps, internacionalmente coñecida e que ofrece a vantaxe de aparecer no idioma do propietario de cada dispositivo móvil, ao marxe de que a información estricta da web figura en castelá, galego, portugués e inglés”, explica Diego García Moreira, edil responsable desta iniciativa. “A idea é que cada un no seu idioma poida ver as reseñas, comentarios e información do establecemento directamente en Google Maps, o noso traballo foi facer a recompilación”, engade. De feito, o Concello anima a que calquera hosteleiro que non vexa seleccionado o seu local a que escriba a turismo@nigran.org . Adicionamente, na web xeolocalízanse as dúas variantes do Camiño en Nigrán para evitar confusións (tanto en Maps como en Wikiloc).

O Concello de Nigrán é totalmente consciente de que o Camiño Portugués pola Costa atrae cada vez a máis estranxeiros ao municipio. Como mostra, a Oficina de Turismo de A Ramallosa atendeu desde o 12 de xuño e ata o 31 de xullo a 1.190 peregrinos de 37 nacionalidades diferentes que sellaron as súas credenciais e buscaron información sobre o propio Camiño ou sobre o municipio. Ao marxe de España, con 45% das consultas, Estados Unidos foi o páis máis repetido con 142 persoas, seguido de 87 camiñantes de Alemania, 59 de Polonia ou 32 de Australia. Bielorrusia, Corea do Sur, Nueva Zelanda, Brasil, Japón, Turquia, Cuba, Puerto Rico, Israel, Colombia, Malasia, El Salvador, Filipinas, Francia, Estonia… son outras das nacionalidades que se achegaron ata a oficina situada na Alameda de San Campio.

“Desde que sae o sol a primeira hora da mañán os peregrinos cruzan a ponte románica de A Ramallosa para continuar ata Compostela tanto polo recorrido oficial do interior de Nigrán como pola súa variante por Praia América, Panxón e Patos. Esta web, a diferencia coas oficinas de turismo, ofrece a vantaxe de estar dispoñible as 24 horas e con información actualizada, polo que contribúe a construír unha imaxe amable e hospitalaria de Nigrán ao tempo que promocionamos o noso comercio” sinala Juan González, alcalde de Nigrán.

Comparte este artigo