Home Vigo Nigrán O concello de Nigrán promoverá a igualdade e os dereitos da infancia...

O concello de Nigrán promoverá a igualdade e os dereitos da infancia entre as crianzas do sur de Mozambique

- Anuncio -

O goberno local adica 20.000 € do orzamento de 2024 a este proxecto que beneficiará a 10.000 menores da zona rural de Maputo. A maiores, o Concello destina outros 30.000 € do remantente para construir unha escola en Guinea Bissau e para abastecemento de auga en Cabo Verde

Nigrán é dos poucos municipios de España que destina case o 0,7% do orzamento a cooperación internacional, porcentaxe marcado por lei como obxectivo das administracións antes do 2030

“Estamos orgullosos de ser líderes en cooperación internacional, ogallá sirvamos de exemplo para outros municipios porque todos xuntos si que podemos paliar as desigualdades no planeta”, sinala o alcalde, Juan González, quen inciden en que todas estas achegas se materializan a través do Fondo Galego de Cooperación, entidade que preside

A solidariedade internacional do Concello de Nigrán mídese nunha porcentaxe totalmente única en Galicia e moi pouco común en toda España. Así, o 0,6% do orzamento municipal destinarase este ano 2024 a cooperación ao desenvolvemento, achegándose así ao compromiso marcado por lei de que as administracións adiquen antes do ano 2030 o 0,7%. En concreto, o Concello ven de anunciar que proporcionará 20.000 € para un proxecto de igualdade destinado ás crianzas do rural en Mozambique e, a estes cartos, hai que sumar os 30.000 € do remanente consignados o mes pasado para construír unha escola en Guinea-Bissau e 10.000 € para achegar o abastecemento de auga a unha aldea remota de Cabo Verde. En total, a localidade adicará 72.000 € este ano a diferentes iniciativas de axuda ao desenvolvemento, todo a través do Fondo Galego, entidade que o alcalde de Nigrán, Juan González, preside.

“Estamos orgullosos de ser líderes en cooperación internacional e queremos chegar o vindeiro ano ao 0,7%, ogallá sirvamos de exemplo para outros municipios porque todos xuntos si que podemos paliar as desigualdades no planeta”, sinala o rexedor, quen durante toda esta semana estivo en Mozambique liderando unha delegación do Fondo Galego cuxa misión era, precisamente, definir as novas liñas de apoio neste país africano e lusófono. Neste sentido, o alcalde decantouse por un proxecto de igualdade da Fundación Encontro (entidade que xestiona a Casa do Gaiato, orfanato situado ao sur de Maputo e no que conviven 150 crianzas sen familia, moitos seropositivos, e a quen o Concello de Nigrán subministrou este ano unha bomba de impulsión para poder regar os seus cultivos e garantir así a colleita da que se alimentan).

O Fondo Galego leva desde 2015 apoiando proxectos impulsados pola Fundación Encontro, momento no que se retomou a cooperación directa co país despois de 9 anos de parón. Agora o Concello de Nigrán investirá 20.000 € a través do Fondo para un proxecto deste entidade sen ánimo de lucro de promoción dos dereitos da infancia entre 10.000 menores dos distritos rurais de Boane e Namaacha (provincia de Maputo). Esta iniciativa ten por obxectivo contribuír ao cumprimento dos dereitos básicos de educación e saúde de nenos e nenas, priorizando a retención das nenas na pre-escola e escola primaria nas comunidades de Massaca, Mahanhane, Mahelane e Changuelane, unha área rural do sur de Mozambique.

“As nenas deixan de ir a escola en canto teñen a regra e o matrimonio infantil está á orde do día, é habitual que as casen con homes maiores. Así que se trata de educar a toda a comunidade para mudar esta realidade”, explica a técnica do Fondo desplazada na misión a Mozambique. Ademais, intervirase na Escola Primaria Comunitaria Padre José Maria de Massaca, sumándose así os 1.000 nenos e nenas beneficiadas. Estes centros ofrecen asistencia educativa, apoio alimentario, formación ás nais, así como asistencia sanitaria a nivel dos berçarios (garderías) existentes nos centros. Todo ese traballo facilita a escolarización de nenos e nenas e garante a súa seguridade alimentaria. A través deste proxecto preténdese poñer énfase na educación desde a primeira infancia transmitindo habilidades para a vida (comunicación, empatía, autoconfianza, resolución de conflitos, autonomía e traballo en equipo), para o que se realizaría tamén unha formación ao profesorado, coidadoras e activistas (817) sobre valores para unha vida saudable, con respecto e libre de violencia a través de actividades lúdicas e deportivas. Estas accións serían efectuadas nos espazos de recreo dos centros ao temop que serán rehabilitados os parques dos catro centros de ensino. Por tanto, o proxecto ao que se vincula directamente o Concello de Nigrán trata de reducir a vulnerabilidade das nenas e nenos e promover actitudes favorables á igualdade e equidade de xénero.

“A valoración dos proxectos desenvolvidos polo Fondo a través da Fundación Encontro é moi positiva, por iso queremos continuar apoiando as súas iniciativas, e, neste caso, nada nos sensibiliza máis como Concello que o traballo a prol da infancia, eles serán os que constrúan en poucos anos un Mozambique máis xusto e igualitario, por iso é un orgullo para Nigrán liderar este proxecto”, resume o alcalde, quen xa visitara o país en 2018.

Relacionadas

Luis López cita un turismo sustentable, desestacionalizado e centrado no territorio como piares comúns...

0
O presidente provincial participa en Ribadumia na presentación do Plan Estratéxico de Turismo do Salnés que impulsa a Mancomunidade para o período 2024-2028 O presidente...

Coral Martínez imparte un obradoiro de debuxo en Tui dentro do programa Boas Vibes

0
Este sábado, 26 de outubro, de 10.30 a 13.30 h celebrarase na Sala Municipal de Exposicións un obradoiro de debuxo manga/cómic a cargo Coral...

O PP esixe o cumprimento do acordo plenario de 2023 para o arranxo e...

0
• Pardo: “Os nenos teñen dereito a xogar en plenas condicións de seguridade e salubridade, porque hai zonas infantís que se converteron no refuxio...

A ponte sobre o río Cotarel volve unir as parroquias de Randufe e Pazos...

0
A infraestrutura vírase afectada polas choivas de xaneiro de 2023. As obras, cun investimento superior aos 192 mil euros, recuperaron o trazado orixinal do...

A Deputación e a Ruta do Viño Rías Baixas aliaranse para potenciar o enoturismo...

0
O presidente provincial Luis López remarcou que a actividade, que terá lugar o domingo 10 de novembro e servirá para festexar o Día Mundial...

Manu Lourenzo, Carme da Silva e Uxío Benítez falarán este venres do novo modelo...

0
O alcalde de Soutomaior explicará a proposta do Goberno de Soutomaior para a humanización da N-550 ao seu paso por Arcade. O BNG de Soutomaior...

Publicacións Relacionadas