HomeVigoNigránO concello de Nigrán recibe a visita dos alumnos de Francia de...

O concello de Nigrán recibe a visita dos alumnos de Francia de intercambio no IES Val Miñor

- Anuncio -spot_img

O alcalde de Nigrán, Juan González, e a edil de Educación, Estela Pérez, despediron esta mañá na Casa Consistorial aos 15 alumnos de 1º de bacharelato de Saint Brieuc (Bretaña) de intercambio co IES Val Miñor desde o 23 de abril e ata hoxe mesmo que xa marchaban pola tarde. Os menores viaxan acompañados de Sylvain Kernévez, profesor de Historia en lingua castelá e Virginie Martin, profesor de de literatura española.

O IES Val Miñor fai por segundo ano este intercambio co alumnado do Lycée Rabelais da localidade bretona de Saint-Brieuc, alianza que se encadra no Programa EduFrance da Consellería de Educación e que pretenden continuar o vindeiro ano. Os estudantes de Nigrán xa viaxaron alí en marzo e agora recibiron aos franceses, en ambos casos alóxanse en casa de familias e durante toda a semana se integran nas aulas do centro como parte da inmersión lingüística que se busca e participan nunha ampla programación deportiva e sociocultural.

Publicacións Relacionadas