O concello de Nigrán recibe ao alumnado de Francia de intercambio no CPI Arquitecto Palacios

adminON
Lectura mínima de 1

Trátase dunha ducia de estudantes e dous profesores de Fecamp, localidade da alta Normandía

O alcalde de Nigrán recibíu onte no Salón de Plenos do Concello ao alumnado de Francia actualmente en intercambio co CPI Arquitecto Palacios e aos seus anfitrións. Trátase dunha ducia de estudantes e dous profesores de Fecamp, un municipio na rexión da alta Normandía, que durante unha semana estarán aloxados en casas de familias do CPI. Na recepción entregáronselle uns agasallos promocionais do municipio e estivo tamén o director do CPI, Antonio García, a edil de Educación, Estela Pérez, e os concelleiros de Mobilidade e de Asuntos Sociais.

Comparte este artigo