HomeVigoNigránO concello de Nigrán recibe do CPI Arquitecto Palacios 1.400€ en vales...

O concello de Nigrán recibe do CPI Arquitecto Palacios 1.400€ en vales de compra para as familias vulnerables

- Anuncio -spot_img

Os Servizo Sociais serán os encargados de distribuílos. A maiore, o colexio recadou 208 kg de alimentos non perecedoiros

O alcalde de Nigrán, Juan González, acudíu esta semana acompañado de catro concelleiras ao CPI Arquitecto Palacios de Panxón para agradecer persoalmente á dirección a achega de alimentos e vales realizada polo centro educativo ao Concello. O centro recadou nestas datas 208 kg de alimentos non perecedoiros destinados ao Banco Municipal e 1.400 € materializados en vales de 25 € para canxear no supermercado Gadis. Todo será distribuído a través dos Servicios Sociais do Concello entre as familias vulnerables.

Cada ano, coincidindo co Día da Paz o 30 de xaneiro, centos de alumnos de diversos centros educativos de Nigrán participan na ‘Carreira Solidaria’ organizada polo CPI Arquitecto Palacios, na pasada edición foron o CEIP da Cruz (Camos), IES Val Miñor e CEE Panxón, e de aí proceden estes 1.400 € en vales.

“Estamos moi agradecidos ao CPI Arquitecto Palacios e moi orgullosos de que nos coles de Nigrán se promovan estas iniciativas que axudan a concienciar á infancia sobre a importancia de ser solidarios e de ter empatía”, destaca o rexedor, Juan González.

Publicacións Relacionadas