“Co cambio de goberno na Deputación o proxecto quedou abandonado nun caixón e, sen embargo, resulta de especial trascendencia para ambas parroquias”, explica o alcalde, Juan González, quen esixe que se retome
A Asociación de Veciños presentou unha queixa oficial e veciños particulares están a reunir firmas tras constatar que se instalaban novas varandas quitamedos que, lonxe de mellorar a seguridade dos peóns, os obrigan a exporse aínda máis á calzada
O Concello de Nigrán esixe á Deputación de Pontevedra que leve adiante o compromiso adquirido no 2020 de construír unha senda peonil entre San Roque de Camos e Chandebrito (EP 2102). Así, nestas semanas, Concello e Asociación de Veciños A Camoesa constataron coa instalación de novas varandas quitamedos o absoluto desinterese do ente provincia polo proxecto que fora contratado a Ain Active.
“Co cambio de goberno na Deputación o proxecto quedou abandonado nun caixón e, sen embargo, resulta de especial trascendencia para ambas parroquias”, explica o alcalde, Juan González, mentras que desde a asociación veciñal interpuxeron unha queixa oficial no departamento de Infraestruturas e particulares da contorna están a recoller sinaturas para que se cumpla coa promesa xa que, os novos quitamedos, lonxe de mellorar a seguridade viaria, obrigan aos peóns a desprazarse máis cara a calzada, sendo esta unha ruta moi empregada polos residentes para realizar paseos deportivos. “É unha estrada que vertebra dúas comunidades e que resulta realmente perigosa, non existen beiravías e os vehículos circulan a gran velocidade, non é unha vía acorde ao século XXI, está pensada só para traxectos en coche”, resume González.
O certo é que no compromiso adquirido pola Deputación no ano 2020 estaba incluída a senda peonil de Parada, que si se chegou a materializar ao estar máis avanzada a tramitación, facéndose un investimento de 800.000 € (o 30% o sufragou o Concello). Sen embargo, esta de Camos, que se estima moito máis custosa ao ser 4,3 km de traxecto, quedou parada na fase de contratación de proxecto. Concretamente, comprendía unha senda desde o punto kilométrico 2+600 (Torreiro de San Roque) ao 6+900 (núcleo de Pracíns, en Chandebrito). Trátase dun tramo esencial porque é a única vía de comunicación entre ambas parroquias e porque é empregada pola veciñanza dos barrios de A Cruz, San Roque, Rotea ou Piñeiros como ‘ruta do colesterol’.
“Esta senda debería ser o primeiro paso para logo continuar ata o barrio de A Cruz. O peón é a nosa prioridade e seguiremos nesta liña de crear sendas seguras en todo o municipio, desde o Concello estamos máis que dispostos a colaborar económicamente na súa financiación aínda que sexan estadas provinciais”, finaliza o alcalde.



