HomeVigoNigránO concello de Nigrán rehabilita o lavadoiro de Sancho a través do...

O concello de Nigrán rehabilita o lavadoiro de Sancho a través do obradoiro “Pedras do Miñor III”

- Anuncio -spot_img

A quincena de alumnos-traballadores intervíu en toda a contorna do lavadoiro situado neste barrio do interior de Panxón

O Concello de Nigrán ven de rehabilitar o lavadoiro de Sancho (interior de Panxón) a través do obradoiro de emprego ‘Pedras do Miñor III’, formado por unha quincena de alumnos-traballadores de cantería e albanelería de toda a comarca con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos (trátase dunha acción formativa financiada pola UE no marco do programa FSE+Galicia 2021-2027).

Os integrantes, moitos deles xa traballando por conta allea, formáronse durante un ano neste obradoiro impulsado pola Mancomunidade, o que conlevou que cada concello designase os seus ámbitos para levar a práctica os coñecementos adquiridos, sendo o lavadoiro de Sancho o elemento elixido por Nigrán (anteriores obradoiros interviran tamén neste barrio, concretamente noutra fonte e lavadoiro ao carón do actual). A actuación supuxo a substitución de diferentes elementos de formigón por pedra, elaboración dun banco en canteiría, repintado, encintado, recebado, etc.

“O resultado é inmellorable, polo que estamos moi satisfeitos ao cumplirse dous obxectivos á vez: por unha banda por servir de lugar de prácticas para os alumnos e , por outro, por completarse a rehabilitación dos lavadoiros de Sancho”, valora o alcalde, Juan González.

Publicacións Relacionadas