O prazo de inscrición comezará o 18 de marzo e rematará o día 24. O campamento terá lugar no CEIP Humberto Juanes do 14 ao 16 de abril
O Concello de Nigrán repite este ano o seu campamento infantil de Semana Santa co obxectivo de facilitar a conciliación laboral das familias durante as vacacións escolares. O campamento, organizado desde a concellería de Igualdade e Voluntariado do Concello de Nigrán, terá lugar o 14, 15 e 16 de abril de 9:00 a 14:30 horas no C.E.I.P. Humberto Juanes cun custe de 10 euros e un total de 60 prazas destinadas a crianzas nadas entre os anos 2014 e 2022. As solicitudes poderán presentarse do 18 ao 24 de marzo a través do Rexistro Xeral do Concello de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas ou a través de Sede Electrónica en calquera hora e día do devandito prazo.
Para máis información pódese contactar no 986383081 ou no correo cim@nigran.org.