Home Vigo Nigrán O concello de Nigrán retoma este sábado coa obra "As Impresentables" o...

O concello de Nigrán retoma este sábado coa obra “As Impresentables” o ciclo de Fegateatro de decembro

- Anuncio -

Teatro Atlántida de Matamá presenta esta obra de teatro cómica de sketches con pezas de Tomás Afán, Alejandro Jodorowsky, Eugene Ionesco ou os Monty Python

O Concello de Nigrán retoma este sábado 3 de decembro o ciclo de Fegateatro coa obra ‘As impresentables’ de Atlántida de Matamá ás 20:00 horas no Auditorio Municipal. Unha directora un pouco antipática empeñada en sacar adiante unha obra despois da pandemia, unha becaria que é explotada e un elenco…Do máis impresentable. Con intermedios publicitarios e escenas do mais estrafalarias, “As Impresentables” tratará de facer rir ao público asistente. É unha obra de teatro cómica de sketches con pezas de Tomás Afán, Alejandro Jodorowsky, Eugene Ionesco ou os Monty Python. A entrada é de balde ata completar aforo.

O ciclo de teatro amador continúa o sábado 10 con Tiruleque Teatro coa función ‘Soutelo Enterprises’ e remata o 17 coa compañía ‘A Tequerreté Teatro’ representando ‘Confinad@s’.

Estas representacións forman parte do convenio de 7.000 € do Concello de Nigrán coa Federación Galega de Teatro Afeccionado baixo o título ‘Fegateatro Nigrán 2022’. Deste xeito, o Concello terá ofrecido ata o 17 de decembro dez obras de compañías de teatro amador de toda a comunidade.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas