Free Porn
xbporn
Home Vigo Nigrán O concello de Nigrán suma ao alumnado da ESO para ‘deseucaliptizar’ a...

O concello de Nigrán suma ao alumnado da ESO para ‘deseucaliptizar’ a zona máis invadida do parque forestal ‘Os Matos-Río Táboas’

- Anuncio -

Xunto á Brigada Medioambiental do Concello, 120 estudantes do IES Val Miñor, Proval e Arquitecto Palacios arrancaron durante toda a mañá os brotes de árbores cortados este verán en 5 hectáreas

O traballo no parque forestal contempla a eliminación de toda a especie invasora nas 42 hectáreas para recuperar ao 100% o bosque autóctono, polo que en novembro esta zona será reforestada

“O eucalipto resulta especialmente difícil de erradicar, tras esta intervención somos conscientes de que haberá que volver a actuar unha ou dúas veces máis para dalo por eliminado”, explica o alcalde, Juan González

Guerra aberta ao eucalipto. O Concello de Nigrán organizou esta mañá unha gran xornada de ‘deseucaliptización’ no parque forestal Os Matos-Río Táboas con alumnado de 4º da ESO do IES Val Miñor, IES Proval e CPI Arquitecto Palacios. Os 120 rapaces, dirixidos pola Brigada Medioambiental Municipal, arrancaron os brotes de árbores taladas no verán en 5 hectáreas da zona de As Rozadas (Chandebrito). Esta área será repoboada en novembro con 750 especies autóctonas (carballo, castaño, serval dos cazadores…) . O obxectivo final é a eliminación de calquera especie invasora na totalidade das 42 hectáreas do futuro parque forestal para así recuperar ao 100% o bosque atlántico.

“O eucalipto resulta especialmente difícil de erradicar, tras esta intervención somos conscientes de que haberá que volver a actuar unha ou dúas veces máis para dalo por zanxado”, explica o alcalde, Juan González, sobre esta área que ardera por completo no 2017 e que, pese a iso, seguía a concentrar gran cantidade, sendo a especie invasora máis dominante na zona xunto á acacia. “Gústanos contar coa rapazada para realizar xornadas de vez en cando porque queremos que se sintan partícipes da creación deste parque forestal e o protexan; eles serán os que o poidan gozar no seu máximo espendor, cando as árbores medren e esté consolidado”, incide.

“O importante agora é ‘escachar’ ben os tocóns, ese o termo que se usa, para iso eles arrancan os gromos coa man e despois nos os repasamos coa machada para destrozalo de todo”, explica Carla Pérez, xefa da Brigada Medioambiental do Concello, quen leva un mes traballando co seu equipo na deseucaliptización da zona.

Parque Forestal Os Matos-Río Táboas

Este será o primeiro parque forestal da comarca, situado na zona do Río Matos-Táboas (no monte comunal das parroquias de Camos e Chandebrito). Este espazo natural vertebrado pola fraga do río Táboas ubícase en 42 hectáreas de terreo totalmente calcinadas nos incendios de 2017, 30 delas pertencen á Comunidade de Montes de Camos (parcelas de Castelo e As Chans) e 12 á de Chandebrito (As Rozadas). O obxectivo é crear un espazo de recreo libre e público, con valores naturais, culturais e paisaxísticos únicos que están sendo recuperados, conservados e promovidos. Este lugar terá unha función social e servirá de protección aos núcleos de poboación máis próximos.

A súa transformación consiste na erradicación completa das especies invasoras e a realización de plantacións e, nunha segunda fase, creación de espazos públicos, restauración dos muíños, posta en valor dos petroglifos… Na parte central, en 6,5 ha, contémplase un arboreto representativo dos bosques galegos. Ademais, en dúas zonas con abundante pedregosidade e afloramentos rochosos (5,7 ha) plantaranse carballos autóctonos para reter o terreo e, finalmente, nas dúas valgadas naturais existentes (1,92 ha do extremo sur e leste) reforestarase con frondosas autóctonas.

O parque forestal contempla medidas naturais de prevención e defensa contra os incendios (faixas de xestión da biomasa); de posta en valor dos elementos patrimoniais e culturais (protección dos xacementos); medidas de posta en valor dos elementos sociais e de uso público contemplando a accesibilidade para todos (creación dunha área recreativa en O Serradouro e As Rozadas, a pimeira delas inclúe zona de aparcamento; acondicionamento do miradoiro de O Castelo ou creación dunha ruta de subida ao mesmo); medidas de sinalización, promoción e interpretación dos valores do parque forestal (paneis, pictogramas, sinalizacións, códigos QR…)

Relacionadas

O vicepresidente da Deputación Rafa Domínguez na clausura da VI edición do “Foro La...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu na Illa da Toxa á clausura da sexta edición do “Foro La Toja. Vínculo Atlántico”,...

Arranca a conta atrás para o Samaín Briz, que volverá con forza o 31...

0
A concelleira de Festas, Marián Sanmartín, xa mantivo varias reunións cos colectivos que colaboran no desenvolvemento da festa. Volverán as rutas do medo, as...

O Concello habilitará un novo aparcadoiro público na zona de Ponte Zapal cunha parcela...

0
A alcaldesa, María Ramallo, anuncia que se realizará un contrato de aluguer coa propiedade para a parcela, ubicada xunto ao actual aparcadoiro, no que...

Redondela retira máis de 200 quilos de lixo do río Maceiras

0
Alumnado do instituto Illa de San Simón e voluntarios do Programa de Voluntariado do Concello sumáronse á limpeza simultánea de ríos impulsada pola Asociación...

Domínguez, sobre o alcalde e os bolardos: “Lores opta polo ‘comigo ou contra min’...

0
• O líder do PP defende eliminar as barreiras arquitectónicas que impiden o acceso dos corpos e forzas de seguridade ao centro urbano de...

Salceda estrea Pavillón de deportes renovado

0
O cambio de formigón pulido a tarima de madeira de faia supuxo un investimento de 92.338,60 € O Concello de Salceda de Caselas ven de...

Publicacións Relacionadas