As visitas teatralizadas ao Cemiterio do Ceán están xa esgotadas e queda unha para o obradoiro de galletas terroríficas do luns. O martes 1 de Novembro o Auditorio acollerá a tradicional festa de disfraces
O Concello de Nigrán finalmente suspende o roteiro micolóxico deste luns destinado á infancia ante a previsión de choiva. Nos vindeiros días anunicará unha nova data.
Igualmente, o Concello informa de que non quedan dispoñibles xa prazas para as visitas teatralizadas ao cemiterio do Ceán a cargo de Teatro do Ar e só queda unha para o obradoiro de ‘galletas terroríficas’ de Chupipostres deste luns no CEE de Panxón (destinado a crianzas empadroadas de 6 a 11 anos e con inscrición previa a través do formulario web en www.nigran.es).
Finalmente, o martes 1 de Novembro desde as 17:00 horas o Concello ofrecerá no Auditorio Municipal a tradicional festa de disfraces de Samaín destinada a infancia e dirixida polo Mago Rei Midas. A entrada é de balde ata completarse o aforo.



