Free Porn
xbporn
Home Vigo Nigrán O concello de Nigrán únese á campaña para propor a Javier Pitillas...

O concello de Nigrán únese á campaña para propor a Javier Pitillas como candidato ao Premio ” Princesa de Asturias da Concordia” pola súa labor solidaria con discamino

- Anuncio -

O sarxento vigués visitou esta mañá o CEIP Humberto Juanes xunto a David Gil de ‘700 camisetas contra a leucemia’

O Concello de Nigrán conta coa súa estreita colaboración para que persoas con discapacidade poidan gozar de paseos ou roteiros nos vehículos deportivos adaptados adquiridos polo consistorio

O Concello de Nigrán enviou hoxe unha carta oficial á Vicepresencia da Xunta co obxectivo de adherirse á campaña da Xunta para impulsar a candidatura de Francisco Javier Pitillas Torra, responsable da iniciativa Discamino, ao Premio Princesa de Asturias da Concordia 2021 pola súa labor solidaria que posibilita que persoas con diferentes tipos de discapacidade poidan realizar o Camiño de Santiago. O propio alcalde de Nigrán, Juan González, comunicou esta mañá persoalmente a Pitillas esta iniciativa do Concello aproveitando a súa visita e a de David Gil, de ‘700 camisetas contra la leucemia,’ ao CEIP Humberto Juanes con motivo da semana da prensa escolar.

O Concello de Nigrán ten a honra de contar desde hai anos coa colaboración de voluntarios de Discamino, e do propio Javier Pitillas, para que persoas con discapacidade poidan gozar de paseos ou roteiros nos vehículos deportivos adaptados adquiridos polo consistorio no 2017. Por esta razón, o goberno de Nigrán dá testemuña do beneficio desta iniciativa para os usuarios e tamén para a propia sociedade: a través do deporte adaptado aporta calidade de vida e retos ilusionantes ás persoas con diversidade, beneficia incriblemente a súa saúde física e mental e subliña a necesidade dunha accesibilidade universal.

“En definitiva, Discamino pedalea a prol da empatía, da integración e da solidariedade para que todas as persoas poidan acadar as súas propias metas independentemente das súas capacidades. Por todo iso, desde o Concello de Nigrán unímonos á proposta da Xunta de Galicia de propor ao vigués Javier Pitillas como candidato a recibir o Premio Princesa de Asturias da Concordia 2021 por traballar dunha forma admirable a favor dunha sociedade máis xusta, igualitaria, fraternal e solidaria”, finaliza a carta enviada á Xunta.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas